Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Novidades lexislativas COVID-19 do sábado 9 e domingo 10 de maio

10-05-2020 - NORMATIVA COVID-19

Real Decreto 514/2020, do 8 de maio, polo que se PRORROGA O ESTADO DE ALARMA declarado polo Real Decreto 463/2020 // Orde TMA/400/2020, do 9 de maio, pola que se establecen as condicións para aplicar na fase I da desescalada en materia de mobilidade // Orde SND/399/2020, do 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

BOE -Boletín Oficial do Estado-

Orde TMA/400/2020, do 9 de maio, pola que se establecen as condicións para aplicar na fase I da  desescalada en materia de mobilidade e fíxanse outros requisitos para garantir unha mobilidade segura. (Disposición final primeIra: Modificación da Orde TMA/384/2020, pola que se ditan instrucións sobre a utilización de mascarillas nos distintos medios de transporte) BOE Nº 131 do 10/5/2020

Orde SND/399/2020, do 9 de maio, para a  flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. BOE Nº 130 do 9/5/2020

Real Decreto 514/2020, do 8 de maio, polo que se PRORROGA O ESTADO DE ALARMA declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. BOE Nº 129 do 9/5/2020

Resolución do 6 de maio de 2020, do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo. BOE Nº 129 do 9/5/2020

Orde JUS/394/2020, do 8 de maio, pola que se aproba o Esquema de Seguridade Laboral e o Plan de Desescalada para a Administración de Xustiza ante o  COVID-19. BOE Nº 129 do 9/5/2020

Orde INT/396/2020, do 8 de maio, pola que se prorrogan os controis nas fronteiras interiores terrestres con motivo da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. BOE Nº 129 do 9/5/2020

Orde INT/395/2020, do 8 de maio, pola que se amplía o prazo de rendición de contas das asociacións de utilidade pública de ámbito estatal debido á crise sanitaria provocada polo COVID-19. BOE Nº 129 do 9/5/2020

Resolución do 6 de maio de 2020, da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 5 de maio de 2020, polo que se establecen os termos e condicións do terceiro tramo da liña de avais a préstamos concedidos a empresas e autónomos, aos  pagarés incorporados ao Mercado Alternativo de Renda Fixa ( MARF) e aos  reavales concedidos pola Compañía Española de  Reafianzamiento,  SME, Sociedade Anónima ( CERSA), e autorízanse límites para adquirir compromisos de gasto con cargo a exercicios futuros en aplicación do disposto no artigo 47 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Orzamentaria. BOE Nº 129 do 9/5/2020

DOG -Diario Oficial de Galiza-

Resolución do 8 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 8 de maio de 2020, polo que se aproba o Protocolo polo que se establecen a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao COVID-19. DOG Nº 89 do 9/5/20

Dende esta ligazón accedes ao apartado LEXISLACIÓN RELACIONADA da nosa páxina web onde podes atopar máis normativa GALEGA, ESTATAL E EUROPEA relacionada co COVID-19.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS