Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 26

02-03-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Neste Nº 26 do Boletín CIG Saúde Laboral, o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral publica unha exhaustiva entrevista ao novo Secretario Confederal de Saúde Laboral da CIG Francisco Cartelle, a través da cal se desglosan visións e posicionamentos clave da nosa central sindical en relación á actual problemática da prevención de riscos e a saúde laboral tanto no noso País como no conxunto do Estado.

Asemade se aborda un amplo artigo sobre a problemática de SST que afecta aos traballadores/as das Plataformas en Liña, referenciado nun estudio (so dispoñible en inglés) recentemente realizado polo Observatorio Europeo de Riscos; así como un extenso dossier adicado ao acoso psicolóxico no traballo no que se dan numerosas pautas e informacións para poder identificar axeitadamente a esixtencia desta forma de violencia nos centros de traballo.

Deseguido e completando este número inclúense, un artigo sobre o novo proxecto de RD sobre o control e recuperación de fontes radioactivas orfas, no que se inclúen aportacións realizadas pola CIG en diveros aspectos deste futuro RD, e un informe sintético en relación á actividade desenvolvida polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral no pasado ano 2017.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 26 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS