Boletín CIG Saúde Laboral Nº 69. Monográfico sector construción29-09-2026 - Boletín CIG Saúde Laboral Nº 69. Monográfico sector construciónO Real Decreto 1627/1997 regula as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción e introduce obrigas clave para promotores, proxectistas, contratistas, subcontratistas, persoas traballadoras autónomas e coordinadores de seguridade. Este RD traspón a Directiva 92/57/CEE e estabelece normas mínimas aplicables a calquera obra (pública ou privada) onde se realicen traballos de construción ou enxeñería civil. Á guía do INSST, última actualización en 2019, acompaña o texto legal coas interpretacións e criterios técnicos necesarios para a avaliación e prevención dos riscos. Iniciamos neste número do Boletín un breve percorrido pola Guía do INSST, percorrido que completaremos na seguinte edición do Boletín CIG – Saúde Laboral. Monográfico sector construción. | ![]() |
|---|
Síntese descritiva, didáctica e analítica da “Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos ás obras de construción” do INSST (1ª parte):
-Principais figuras e responsabilidades. Documentos esenciais e contidos. Riscos e medidas prácticas. Recomendacións prácticas. Riscos, limitacións e seguimento. Responsabilidades, checklist de documentos obrigatorios e calendario tipo de control.
-Resumo do capítulo II do real decreto 1627/1997 que estabelece as dis-posicións específicas para integrar a prevención dende o proxecto e durante a execución das obras, definindo coordinadores, documentos obrigatorios (estudo/estudo básico, plan) e mecanismos de control e paralización.
-Síntese CAPÍTULO III. Dereitos das persoas traballadoras.
-CAPÍTULO IV. Outras disposicións (Real De-creto 1627/1997 e comentarios da Guía técnica do INSST).
-ANEXO I. Relación non exhaustiva das obras de construción ou de enxeñería civil.
-ANEXO II. Relación non exhaustiva dos traballos que implican riscos especiais para a seguridade e a saúde das persoas traballadoras.
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 69. Monográfico sector construción pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.