Xestión da idade e prevención de riscos laborais08-07-2022 - OSALANEsta publicación de OSALAN, ademais de facer un diagnóstico da situación da saúde no traballo, busca axudar na xestión da prevención nos ámbitos nos que os cambios de idade teñen máis repercusión. Os capítulos oriéntanse á ergonomía, á psicosocioloxía e á vixilancia e promoción da saúde. Ademais, ofrécense ferramentas prácticas para avaliar os riscos considerando a idade. Esta xestión da prevención de riscos debe someterse a unha permanente revisión das características, esixencias, modificacións ou actualizacións dos postos de traballo, dos riscos que deles se deriven e das particularidades e capacidades funcionais das persoas que realizan as tarefas dos devanditos postos de traballo. |
|---|
Este texto vén supoñer unha ampliación doutro anterior, “O envellecemento da poboación traballadora. Balance crítico e propostas de mellora”, que se publicou en 2018 polo Observatorio Vasco sobre o Acoso e a Discriminación e OSALAN. Nesta nova publicación, quérese avanzar na prevención propoñendo medidas e actuacións para os riscos no traballo que poden influír na saúde de diversas maneiras en función da idade.
Ligazón á publicación "Xestión da idade e prevención de riscos laborais" (2022). OSALAN
Ligazón ao documento “O envellecemento da poboación traballadora. Balance crítico e propostas de mellora”. OSALAN e Observatorio Vasco sobre o Acoso e a Discriminación