Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Un sector agropecuario máis seguro coa axuda de OiRA

09-03-2022 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Esta nova ferramenta de avaliación de riscos interactiva en liña (OiRA) da UE axudará a avaliar e xestionar os riscos relacionados co traballo nas explotacións agrícolas. A ferramenta céntrase na cría de gando e o cultivo de froitas e verduras.

Moitos dos riscos do sector agropecuario están relacionados con accidentes, como caídas de altura e traballo con maquinaria pesada. Avaliar o risco adecuadamente é de vital importancia para protexer mellor aos traballadores e salvar vidas nun dos sectores con maior índice de mortalidade.

Entre os numerosos riscos aos que se enfrontan a diario os traballadores/as cabe citar a manipulación manual e a exposición a produtos químicos, así como os riscos relacionados coas instalacións e os espazos reducidos, os riscos psicosociais e o traballo en solitario.

A nova ferramenta  OiRA ofrece declaracións de risco e solucións predefinidas para a xestión de riscos no sector.

Ligazón a ferramentas OiRA da UE para o sector agropecuario

Ligazón a todas as ferramentas OiRA nacionais para o sector

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS