Traballar sen caídas. Equipos de protección individual contra caídas de altura03-01-2019 - INSSTTríptico elaborado polo INSST que ofrece información sobre os equipos de protección individual contra caídas en altura, en particular sobre os diferentes sistemas e os seus compoñentes. |
|---|
Os equipos de protección individual contra caídas de altura deben empregarse cando exista risco de que os usuarios/as sufran unha caída desde distinto nivel, sempre que este risco non puidese evitarse ou reducirse mediante a aplicación doutras medidas preventivas.Os traballos que supoñan un risco de caída de altura superior a 2 metros requiren o uso de protección contra caídas de altura; iso non exclúe que cando se traballe en alturas inferiores non deban empregarse tamén os medios e equipos adecuados para cada situación.
Ligazón ao tríptico EPI contra caídas en altura