Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Novas fichas DATABIO

01-10-2020 - INSST

DATABiO é unha colección de fichas dos axentes biolóxicos potencialmente presentes en contornas laborais. Constitúe unha ferramenta de gran utilidade para a avaliación, prevención e control do risco biolóxico en calquera actividade laboral co devandito risco.

A colección dispón de buscadores que permiten ao usuario acceder á ficha do axente biolóxico do seu interese e descargarse a listaxe de axentes pertencentes a un determinado grupo de risco (2, 3, 3, 4 e  axentes sen clasificar) ou cun determinado efecto na saúde (infección, efectos tóxicos, alérxicos, canceríxenos ou na maternidade)

En definitiva  DATABiO contén información de gran utilidade para  os distintos colectivos relacionados coa prevención do risco biolóxico; e supón unha ampliación e actualización da listaxe de axentes biolóxicos do anexo II do  RD 664/1997.

A ficha de cada axente biolóxico contén distintos apartados coa seguinte información:

1. Nome, sinónimos, tipo, principais características morfolóxicas e ciclo de vida.

2. Viabilidade, formas de resistencia, mecanismos de propagación e transmisión, concretamente:  reservorios,  hospedadores, supervivencia ambiental, formas de  supervicencia, vías de entrada, distribución xeográfica e actividades laborais nas que pode estar presente.

3. Efectos na saúde: inclúe os seus posibles efectos  patógenos para o ser humano: infección, toxicidade, efectos alérxicos, efectos canceríxenos e efectos na maternidade.

4. Medidas de prevención e control: recolle as principais medidas de prevención e control fronte ao risco do axente. Incluíndo tanto as medidas xerais, como as medidas adicionais aplicables aos laboratorios (nivel de bioseguridade/contención).

Ligazón á base de datos completa DATABIO

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS