Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

BASES DE DATOS

27-07-2022 - RECURSOS DIXITAIS

BASEBIO -INSST-

O INSST presenta esta nova ferramenta de gran utilidade para a avaliación, prevención e control do risco biolóxico. BASEBiO, é a nova base de datos de axentes biolóxicos potencialmente presentes en contornas laborais.

Ligazón á Base de datos: BASEBIO

TME -TRASTORNOS MUSCULOESQUELÉTICOS- EU-OSHA

Base de datos sobre a prevalencia, as causas ou as consecuencias dos trastornos musculoesqueléticos (TME) relacionados co traballo.

Ligazón TME

NORMLEX-OIT-

Base de datos que ofrece información sobre as Normas Internacionais do Traballo (tal como información sobre as ratificacións, a obrigación de envío de memorias, os comentarios dos órganos de control, etc.) e sobre a lexislación nacional sobre traballo e seguridade social.

Ligazón a NORMLEX

INFOMEP -INSST-

Base de datos sobre medicamentos perigosos na que constan como entradas posibles: nome do medicamento, código nacional, principio activo, grupo terapéutico e a súa descrición, laboratorio fabricante, motivo de perigo, referencia segundo a lista do NIOSH, e recomendacións para a preparación e administración.

Ligazón INFOMEP

BINVAC -INSST-

A base BINVAC do portal SITUACIÓNS DE TRABALLO PERIGOSAS, está orientada a ofrecer información de situacións de traballo perigosas con fins preventivos. Nela descríbense situacións de traballo reais nas que se produciron ou se poden producir danos á saúde dos/as traballadores/as, identificando os elementos máis relevantes para a súa prevención, así como as medidas preventivas adecuadas.

Ligazón BINVAC

BASEQUIM -INSST-

A base BASEQUIM do portal SITUACIÓNS DE TRABALLO PERIGOSAS está dedicado a situacións de traballo con exposición potencial a axentes químicos perigosos. Está orientado a ofrecer información útil dende o punto de vista da prevención de riscos laborais que facilite a definición das medidas preventivas adecuadas. Con este fin, para cada situación de traballo descrita, proporciónase información sobre os axentes químicos que poden estar presentes na realización da tarefa, os danos para a saúde derivados da exposición aos axentes químicos considerados, os factores de risco e as medidas preventivas.

Ligazón a BASEQUIM

BASEMAQ -INSST-

A base BASEQUIM do portal SITUACIÓNS DE TRABALLO PERIGOSAS está dedicada a situacións de traballo con exposición potencial a perigos xerados polas máquinas. Está orientada a ofrecer información útil dende o punto de vista da prevención de riscos laborais que facilite a definición das medidas preventivas adecuadas. Con este fin, para cada situación de traballo descrita proporciónase información sobre os perigos/situacións perigosas que poden estar presentes na realización da tarefa, os danos para a saúde derivados da exposición aos mesmos e as medidas preventivas.

Ligazón a BASEMAQ

SEGURIDADE EN CONSTRUCIÓN -INSST-

A base de datos de Seguridade en Construción pretende recompilar, seleccionar e estruturar os contidos relacionados coa prevención de riscos laborais e a coordinación da seguridade e saúde no traballo nas obras de construción, constituíndose como un Sistema de información "en liña" sobre Boas Prácticas en Construción.

Ligazón á base de datos SEGURIDADE EN CONSTRUCIÓN

DESENGRAXAMENTO DE SUPERFICIES METÁLICAS -INSST-

A base de datos Desengraxamento de superficies metálicas ofrece información sobre os diferentes procesos de desengraxamento, as disolucións e substancias químicas empregadas e as características toxicolóxicas destas. Así mesmo pretende orientar na busca de alternativas.

Ligazón á base de datos DESENGRAXAMENTO DE SUPERFICIES METÁLICAS

BIODAT -INSST-

Esta base de datos ofrece información sobre a posible presenza de axentes biolóxicos en diferentes sectores de actividade laboral, así como sobre a natureza e características dos axentes biolóxicos e as enfermidades que causan.

Ligazón á base de datos BIODAT

INFOCARQUIM -INSST-

Esta base de datos inclúe información sobre a clasificación de perigo dos axentes químicos cancerígenos, mutágenos e tóxicos para a reprodución de categorías 1A e 1 B segundo a nova clasificación de axentes químicos (CLP),  os usos e aplicacións dos devanditos axentes, os posibles substitutos ou alternativas tecnolóxicas a cada axente, en relación ao seu uso concreto, cando se coñecen, os tumores relacionados con cada axente e os datos cuantitativos de produción e comercialización dispoñibles

Ligazón á base de datos INFOCARQUIM

LEP-LÍMITES DE EXPOSICIÓN PROFESIONAL -INSST-

Esta base de datos contén os límites de exposición profesional para axentes químicos no Estado adoptados polo INSST despois da súa aprobación pola Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo. A procura da información pódese realizar por nº CAS ou por nome do axente, ben de forma completa ou introducindo unha parte do mesmo.

Ligazón á base de datos LÍMITES DE EXPOSICIÓN PROFESIONAL

VIBRACIÓNS MECÁNICAS -INSST-

A base de datos de vibracións mecánicas, é unha ferramenta cuxo obxectivo principal é facilitar a avaliación por ESTIMACION do risco de vibracións mecánicas, tal e como se permite no Real Decreto 1311/2005, do 4 de novembro, naqueles casos nos que as tarefas e máquinas a avaliar sexan semellantes ás reflectidas na base de datos.

Ligazón á base de datos VIBRACIÓNS MECÁNICAS

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS