Napo en … Robots no traballo08-02-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no TraballoNesta ocasión Napo guíanos na seguridade da cadea de produción, traballa con robots colaborativos, descobre o poder dos exoesqueletos e explora os perigos que poderían xurdir na automatización das tarefas |
|---|
Neste contexto as persoas con maior risco de sufrir accidentes son as que traballan en liñas de produción seguidas das que realizan traballos de mantemento. A maioría de lesións atribúense ao deficiente deseño do lugar de traballo e a erros humanos.
As tecnoloxías de automatización, entre as que se inclúen os robots fixos, os robots colaborativos e móbiles e os exoesqueletos, teñen o potencial de mellorar as condicións de traballo, pero convén ter presente que tamén poden ser orixe de perigos nos lugares de traballo de fabricación.
Ligazón ao Episodio 1: Envolto no problema
Ligazón ao Episodio 2: Que a Forza te acompañe
Ligazón ao Episodio 3: Robot colaborativo