Póster técnico. Roupa de protección fronte a praguicidas30-10-2019 - INSSTO INSST ven de publicar un cartel no que se describen os requisitos que debe ter a roupa para cubrir o risco por exposición a praguicidas. |
|---|
Ante unha situación de posible risco químico o uso dun simple mono de traballo non é, na maioría das ocasións, a mellor solución. Segundo as normas europeas harmonizadas existentes, os traxes de protección fronte a produtos químicos quedan clasificados fundamentalmente en seis tipos, dependendo do seu grao de hermeticidade - NTP 929: Roupa de protección contra produtos químicos-
Existe ademais, unha norma harmonizada específica publicada (UNE EN ISO 27065:2017) para definir requisitos da roupa de protección para os operarios que aplican produtos fitosanitarios e en tarefas que implican reentrada nos cultivos tratados e que facilita a selección da roupa adecuada. Inclúe tres niveles de protección, C1, C2 e C3 que representan o mellor compromiso entre o confort e a protección que ofrecen.
Expóñense no CARTEL estes tipos de roupa e as súas características para cubrir o risco por exposición a praguicidas.