Publicadas 10 fichas sobre varios carcinóxenos23-05-2018 - Folla de ruta sobre carcinóxenosAs fichas, accesibles a través da web Riscos de cancro no traballo e os perigos da exposición a axentes carcinóxenos, están centradas nos riscos da sustancia, os síntomas e as posibles accións que poden tomarse para diminuír o risco de exposición. As fichas publicadas teñen relación co uso de amianto, hidrocarburos aromáticos policlínicos, cloruro de vinilo, formaldehído, cromo VI, po de madeira dura, vapores de soldeo, po de sílice, escape de motor diésel e benceno. | ![]() |
|---|
Están pendentes de publicación as fichas sobre acrilamida, óxido de etileno, tricloroetileno, cadmio, chumbo, níquel, berilio e hidrazina, así como unha ficha específica con información xeral sobre STOP (xerarquía de medidas de control) en colaboración coa EU-OSHA.
Ligazón ás fichas sobre amianto, hidrocarburos aromáticos policlínicos, cloruro de vinilo, formaldehído, cromo VI, po de madeira dura, vapores de soldeo, po de sílice, escape de motor diésel e benceno.
Ligazón á web Folla de ruta sobre carcinóxenos