Plataforma Dixital Interuniversitaria sobre o Futuro do Traballo24-05-2018 - OITA OIT puxo en marcha a Plataforma Dixital Interuniversitaria sobre o Futuro do Traballo, unha ferramenta cuio obxectivo é promover o intercambio de análise, estudos e informes académicos sobre o Futuro do Traballo e facilitar a elaboración colectiva de documentos ao longo do próximo ano. | ![]() |
|---|
A Plataforma pretende servir como repositorio de documentos relacionados coa temática do Futuro do Traballo; facilitar un espazo para o intercambio de informacións a través das aulas virtuais; anunciar actividades académicas (xornadas, eventos ou seminarios) relacionados co Futuro do Traballo; recibir contribucións académicas sobre Futuro do Traballo que se presentarán no Congreso Interuniversitario de Sevilla, previsto para febreiro de 2019.
Ligazón á Plataforma Dixital Interuniversitaria sobre o Futuro do Traballo