Perigo: produtos químicos!26-11-2012 - EU-OSHAA EU-OSHA presentou un novo kit que expón os cambios que sufriu a etiquetaxe dos produtos químicos, para axudar aos empresarios e aos seus traballadores a manipular substancias perigosas con coidado e a protexerse mentres traballan. | ![]() |
|---|
Este novo kit en liña inclúe o vídeo "Perigo: produtos químicos!" un póster e un folleto.
Nos Estados membros estanse a aplicar gradualmente novos pictogramas de perigo que forman parte dun sistema globalmente harmonizado, pero dunha investigación recente da Axencia de Substancias e Preparados Químicos se desprende que moitos destes pictogramas non se recoñecen ou comprenden correctamente.
O kit recorda aos empresarios e aos seus traballadores a nova sinalización e axúdalles a entender o seu significado para que estean protexidos no seu traballo.
Preto do 15% dos traballadores europeos afirman manipular substancias perigosas no seu traballo diario. Unha única exposición a algunhas destas substancias pode xa afectar á súa saúde, con efectos que van dende irritacións oculares e cutáneas leves ata asma, problemas da función reprodutora, malformacións conxénitas ou cancro.
A EU-OSHA quere que os traballadores e os empresarios se familiaricen cos novos pictogramas de perigo químico e manexen con coidado as substancias perigosas.
A EU-OSHA apoia a Comisión Europea nos seus esforzos por sensibilizar sobre os cambios nos requisitos de etiquetaxe e o que estes levan consigo para os lugares de traballo.
Unha sección especial na web permite acceder ao kit e a moitos outros materiais de formación e documentos de orientación, así como ás "preguntas máis frecuentes" sobre o CLP (Regulamento da Unión Europea sobre clasificación, etiquetado e envasado) e REACH (Regulamento sobre rexistro, avaliación, autorización e restrición das substancias e preparados químicos) que proporcionan máis información sobre o tema.
Enlaces:
Fonte: EU-OSHA