Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Oportunidades da metodoloxía BIM dende a óptica preventiva

20-06-2025 - INSST

Este tríptico mostra de maneira resumida as principais consideracións sobre a integración de aspectos preventivos na metodoloxía Building Information Modeling (BIM) no sector da construción. O obxectivo é presentar dunha maneira concisa a análise de como BIM, unha metodoloxía colaborativa para a xestión de proxectos de construción que fai uso de modelos dixitais pode facilitar a integración da seguridade e saúde no traballo en todas as etapas do ciclo de vida dunha construción, promovendo así unha contorna de traballo máis segura e eficiente.

Abórdanse as distintas etapas do ciclo de vida dunha construción baixo a metodoloxía BIM, dende o deseño ata a demolición, examinando en cada unha delas as oportunidades e vantaxes que pode ofrecer BIM, destacando a súa natureza colaborativa e a capacidade de xerar e compartir información coordinada e actualizada entre os diferentes axentes intervenientes.

Ligazón ao Folleto: Oportunidades da metodoloxía BIM desde a óptica preventiva. INSST 2025

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS