Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

O risco debido á electricidade estática : medidas preventivas

09-05-2025 - INVASSAT

Este documento do INVASSAT é unha introdución ao coñecemento da electricidade estática, como pode xerarse, particularmente nos lugares de traballo, os potenciais riscos inherentes á presenza e acumulación de electricidade estática e como poden eliminarse, controlarse ou minimizarse estes. Constitúe unha ferramenta para comprender os riscos derivados da electricidade estática nas contornas laborais e as medidas preventivas que deben adoptar os técnicos de prevención.

A electricidade estática é un fenómeno asociado á acumulación de cargas eléctricas como resultado da fricción, separación ou deformación de materiais, especialmente cando interveñen materiais illantes. Aínda que comunmente é percibida só como unha molestia menor para as persoas, en determinadas condicións pode ser a causa de incendios ou explosións, sobre todo en presenza de atmosferas inflamables ou explosivas.

Un dos principais riscos identificados é a formación de faíscas por descargas disruptivas, que poden actuar como foco de ignición se coinciden cunha atmosfera inflamable e unha enerxía mínima de ignición (EMI) suficiente. Sectores como o químico, loxístico, farmacéutico ou de hidrocarburos presentan escenarios onde estas condicións poden darse facilmente.

O documento detalla as fontes de xeración electrostática máis frecuentes: desde o transvasamento de líquidos inflamables ata a fricción entre pezas de roupa sintética e mobiliario, ou o uso de chans e calzado non conductivos. Faise énfase na importancia do deseño e mantemento das instalacións, como evitar velocidades de transvasamento elevadas, manter a continuidade eléctrica de tubaxes e recipientes, e empregar equipos certificados.

Entre as medidas preventivas, destacan:

-Conexión equipotencial e posta a terra de equipos e operarios.

-Uso de materiais condutores ou antiestáticos en roupa, chans e calzado.

-Control ambiental, como manter a humidade relativa por encima do 50 %.

-Evitar a pulverización, aspersión e caída libre de líquidos inflamables.

-Aplicación de ionizadores, tratamentos superficiais ou aditivos para aumentar a condutividade.

Ligazón ao documento O risco debido á electricidade estática : medidas preventivas. INVASSAT 2025

Ligazón ao documento Electricitat estàtica - riscos i mesures preventives. INVASSAT (2025)

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS