Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Novas fichas DLEP

24-05-2022 - INSST

O INSST pon a disposición os últimos DLEP que complementan ao documento Límites de exposición profesional para axentes químicos e á aplicación informática LEP. Estes documentos recollen a información toxicolóxica relativa para os efectos das substancias sobre a saúde dos traballadores/as e a relación entre a dose de exposición e os efectos que provocan. Esta información serviu para poder establecer os límites de exposición profesional para cada axente químico.

DLEP

A documentación toxicolóxica para o establecemento dos límites de exposición profesional para axentes químicos  DLEP, complementa á incluída na publicación Límites de exposición profesional para Axentes Químicos e na aplicación informática Límites de exposición profesional.

DLEP 136 Alcohol isoamílico 2022

DLEP 137 Cumeno 2022

DLEP 138 Fibras cerámicas refractarias 2022

DLEP 139 o-toluidina 2022

DLEP 140 Óxido de propileno 2022

DLEP 141 p-toluidina 2022

DLEP 142 Trimetilamina 2022

Aplicación "Límites de exposición profesional"

Esta ferramenta amplía e facilita o acceso á información contida na publicación, Límites de exposición profesional para axentes químicos, que con carácter anual, publica o INSST. A procura da información pódese realizar por nº CAS ou por nome do axente, ben de forma completa ou introducindo unha parte do mesmo.

Dunha maneira rápida, pódese consultar e gardar en formato 'pdf', a información relativa aos valores límite, tanto ambientais como biolóxicos, as propostas de cambio e toda unha serie de información adicional, como a documentación toxicolóxica para o establecemento dos límites de exposición profesional, as fichas de toma de mostras dos contaminantes químicos en aire e os métodos de toma de mostra e análises aplicables a cada caso particular. Neste mesmo apartado, ofrécese unha ligazón á base de datos  Infocarquim para aqueles axentes canceríxenos e/ou  mutáxenos que teñen establecido un valor límite e unha ligazón xeral á páxina de inicio da base de datos GESTIS de métodos analíticos. Ademais, permite acceder á lexislación e ás guías técnicas relacionadas coa exposición a axentes químicos.

Ligazón á Aplicación LEP

Ligazón á Base de datos DLEP

Ligazón ao espazo LEP do INSST

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS