Nova ferramenta xenérica de Avaliación de Riscos Interactiva en Liña (OiRA)11-01-2023 - EU-OSHAA nova ferramenta xenérica de Avaliación de Riscos Interactiva en Liña (OiRA) ofrece a posibilidade de forma gratuíta de que calquera empresa poida avaliar os riscos para a seguridade e a saúde de forma rápida e sinxela. Pode axudar a calquera empresa, sexa cal sexa o seu sector de actividade, a elaborar un plan de acción preventiva para manter unha contorna de traballo segura e saudable para o seu persoal |
|---|
A nova solución de avaliación de riscos é ideal para as empresas que aínda non están cubertas por ningunha das 326 ferramentas OiRA sectoriais existentes. Destas, 37 ferramentas publicáronse en 2022, mentres que máis de 60 están en fase de desenvolvemento.
Con máis de 261.300 avaliacións de riscos realizadas e 157.800 usuarios/as rexistrados/as, OiRA converteuse na plataforma en liña preferida para avaliar e xestionar os riscos laborais nas microempresas e pequenas empresas europeas.
Ligazón á nova ferramenta xenérica de Avaliación de Riscos Interactiva en Liña (OiRA)
Ligazón a máis información sobre OiRA
Ligazón as ferramentas sectoriais dispoñibles (por idioma ou sector).