Mobilización de persoas con capacidade reducida25-04-2019 - ISSGACon esta acción formativa se proporcionan os principios básicos para a mobilización de persoas que permita evitar os trastornos musculoesqueléticos derivados desta actividade, mantendo unha postura axeitada, con diferentes técnicas de mobilización segundo a situación así como as axudas técnicas que nos facilitan a dita mobilización. |
|---|
A información se distribúe en tres eixes fundamentais: os principios básicos da mobilización de persoas, as técnicas de mobilización e as axudas técnicas para facilitar a mobilización.
É importante valorar o espazo e os medios dispoñibles, o estado da persoa que se vai atender, utilizar roupa e calzado axeitado ou mesmo manter unha boa forma física para evitar posible lesións.
Nos documentos se indica cal é a posición correcta para mobilizar ás persoas que o precisan, se dan as pautas para incorporalas na cadeira, sentalas á beira da cama e mesmo para pasalas da cama á cadeira de rodas.
Tamén se dan orientacións para elixir unha axuda adecuada e planificar a mobilización para reducir o risco de sufrir unha lesión de costas: táboas de transferencia, disco, guindastre, téxtil de transferencia, ...
Ligazón ao tríptico e aos carteis
Fonte: ISSGA