Medicamentos perigosos. Medidas de prevención para a súa preparación e administración22-09-2016 - INSHTOs traballadores do sector sanitario están expostos a unha serie de riscos de orixe química que tradicionalmente foron identificados e valorados: gases anestésicos, formaldehído, óxido de etileno e citostáticos, entre outros. Dende hai un tempo, está a estudarse máis profundamente da exposición a estes últimos, estendéndoa a todos aqueles medicamentos, citostáticos ou non, que son manexados e administrados polo persoal sanitario e sobre os que deben tomarse unha serie de precaucións pois poden resultar perigosos para os traballadores/as que os manexan. O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene de Estadios Unidos (NIOSH), ao longo destes últimos anos publicou unha serie de documentos sobre esta cuestión que se consideraron como de referencia. | ![]() |
|---|
Neste documento o INSHT, en colaboración coa Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria, levou a cabo unha recompilación de todos os medicamentos de uso no Estado español considerados perigosos, no que se recomendan instrucións para a súa preparación e administración correctas.