Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Manual do Recurso Preventivo e outras vixilancias de traballos

11-04-2025 - ISSGA, IAPRL, ICASST e OSALAN

O Grupo CANO (do que forman parte o ISSGA, IAPRL, ICASST e OSALAN), publica este manual que ten como obxectivo proporcionar unha guía clara e accesible sobre o papel, funcións, alcance, regulación e responsabilidades dos recursos preventivos na xestión da seguridade laboral. A lexislación vixente non define o termino recurso preventivo; con todo, recolle que o empresario/a poderá asignar a presenza a unha ou varias persoas, con formación e capacidade adecuada e suficiente, que dispoñen dos medios e recursos necesarios e son suficientes en número para vixiar o cumprimento das actividades preventivas que así o requiran. Por tanto, considérase recurso preventivo, a estas persoas nomeadas polo empresario/a para cumprir esas funcións.

A presenza é unha medida preventiva complementaria que ten como finalidade vixiar o cumprimento das actividades preventivas en relación cos riscos derivados da situación que determine a súa necesidade para conseguir un adecuado control dos devanditos riscos.

Dita vixilancia incluirá a comprobación da eficacia das actividades preventivas previstas na planificación, así como da adecuación de tales actividades aos riscos que pretenden previrse ou á aparición de riscos non previstos e derivados da situación que determina a necesidade da presenza dos recursos preventivos.

Con todo, debe lembrarse que o obrigado a adoptar as medidas preventivas necesarias para garantir a seguridade e saúde dos seus traballadores é o empresario, de modo que a designación e presenza do recurso preventivo non exclúe ou substitúe o seu deber de protección a que se refire o artigo 14.1 da LPRL. Por tanto, o recurso preventivo é unha medida máis coa que conta o empresario/a e non poderá ser utilizada co fin de substituír aquelas medidas de protección que sexan preceptivas, co pretexto de que a actividade está suxeita a supervisión e control.

Ligazón ao Manual do Recurso Preventivo e outras vixilancias de traballos

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS