Manual de seguridade en instalación eléctricas de baixa tensión17-08-2018 - ICASELAínda que os accidentes eléctricos non son moi frecuentes, a súa taxa de gravidade é considerablemente alta. De aí o interese deste Manual de seguridade en instalacións eléctricas de baixa tensión, que se elaborou por iniciativa da Dirección Xeral de Traballo da Consellería de Emprego, Políticas, Sociais e Vivenda do Goberno de Canarias e que se enmarcou dentro do Plan de actuación para o bienio 2015-2016 do Instituto Canario de Seguridade Laboral (ICASEL), órgano técnico adscrito ao referido centro directivo. |
|---|
Trátase dun amplo e rigoroso documento técnico elaborado por un experto profesional no risco eléctrico, coa colaboración de técnicos do ICASEL. Nel desenvólvense tanto os conceptos básicos do risco eléctrico, como a análise e interpretación do mesmo no ámbito laboral a través da normativa eléctrica legal e técnica, vixente a data de edición (2016) polo que constitúe unha achega de interese para todos os técnicos de prevención.
Ligazón ao "Manual básico de seguridade nas instalacións eléctricas de baixa tensión"