Manual de bioseguridade no laboratorio10-11-2014 - OMSO libro aborda os aspectos da seguridade e a protección biolóxica que se formulan no novo milenio. Esta publicación recalca en toda a súa extensión a importancia da responsabilidade persoal. Inclúe unha serie de novos capítulos que se ocupan da avaliación do risco, o uso das tecnoloxías de ADN recombinante en condicións de seguridade e o transporte de material infeccioso. | ![]() |
|---|
O libro está estruturado en nove apartados que inclúen Directrices en materia de bioseguridade:
- Bioprotección no laboratorio
- Equipo de laboratorio
- Técnicas microbiolóxicas apropiadas
- Introdución á biotecnoloxía
- Seguridade química e eléctrica e protección contra incendios
- Organización e formación en materia de seguridade
- Lista de comprobación da seguridade
- Referencias e anexos con primeiros auxilios, inmunización de persoal, centros colaboradores da OMS en materia de bioseguridade, seguridade do material, substancias químicas perigos e precaucións.
Polo tanto, a edición que se presenta reúne a información necesaria para que se tome como referencia e condución naqueles laboratorios que acepten o reto de elaborar e establecer políticas de seguridade con relación á seguridade e bioseguridade.
Edita: OMS (Organización Mundial da Saúde)