Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Límites de exposición profesional para axentes químicos 2022

20-04-2022 - INSST

Neste documento recóllense os Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos adoptados polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo para o ano 2022. Os Límites de Exposición Profesional son valores de referencia para a avaliación e control dos riscos inherentes á exposición, principalmente por inhalación, aos axentes químicos presentes nos postos de traballo e, por tanto, para protexer a saúde dos traballadores e traballadoras. Non constitúen unha barreira definida de separación entre situacións seguras e perigosas.

Os Límites de Exposición Profesional establécense para a súa aplicación na práctica da Hixiene Industrial e non para outras aplicacións. Así, por exemplo, non deben utilizarse para a avaliación da contaminación ambiental dunha poboación, da contaminación da auga ou os alimentos, para a estimación dos índices relativos de toxicidade dos axentes químicos ou como proba da orixe, laboral ou non, dunha enfermidade ou estado físico existente.

Os Límites de Exposición Profesional a priori non poden considerarse un criterio de valoración adecuado para avaliar o risco por exposición a axentes químicos dunha traballadora embarazada ou en período de lactación natural. Os valores límite establécense atendendo a un efecto crítico concreto, que non ten por que ser o risco sobre o embarazo ou a lactación. Os Límites de Exposición Profesional deste documento non son aplicables aos nanomateriais.

Neste documento consideraranse como Límites de Exposición Profesional os Valores Límite Ambientais, contemplándose ademais, como complemento indicador da exposición, os Valores Límite Biolóxicos.

Ligazón ao documento "Límites de exposición profesional para axentes químicos 2022"

Axentes químicos en estudo para o Documento LEP 2023

A planificación de axentes químicos a estudo para o Documento LEP 2023 é:

Revisión do Valor Límite Ambiental

- Diisocianatos

- Gasolina

- Chumbo e os seus compostos inorgánicos

Revisión do Valor Límite Biolóxico

- 1,3-  butadieno ( VLB)

- Hidrocarburos aromáticos  policíclicos ( VLB)

Fonte: INSST

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS