Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos 202110-05-2021 - INSSTNeste documento recóllense os Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos adoptados polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo para o ano 2021. Os Límites de Exposición Profesional son valores de referencia para a avaliación e control dos riscos inherentes á exposición, principalmente por inhalación, aos axentes químicos presentes nos postos de traballo e, por tanto, para protexer a saúde das persoas traballadoras. Non constitúen unha barreira definida de separación entre situacións seguras e perigosas. |
|---|
Os Límites de Exposición Profesional establécense para a súa aplicación na práctica da Hixiene Industrial e non para outras aplicacións. Así, por exemplo, non deben utilizarse para a avaliación da contaminación ambiental dunha poboación, da contaminación da auga ou os alimentos, para a estimación dos índices relativos de toxicidade dos axentes químicos ou como proba da orixe, laboral ou non, dunha enfermidade ou estado físico existente.
Os Límites de Exposición Profesional non poden considerarse un criterio de valoración adecuado para avaliar o risco por exposición a axentes químicos dunha traballadora embarazada ou en período de lactación natural.Os valores límite establécense atendendo a un efecto crítico concreto, que non ten por que ser o risco sobre o embarazo ou a lactación.
Os Límites de Exposición Profesional deste documento non son aplicables aos nanomateriais.
Neste documento consideraranse como Límites de Exposición Profesional os Valores Límite Ambientais (VLA), contemplándose ademais, como complemento indicador da exposición, os Valores Límite Biolóxicos (VLB®).
En consecuencia, mediante a publicación deste documento, que foi aprobado pola Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo cumpre coas súas funcións en materia de estudo e divulgación, á vez que atende, con satisfacción, as recomendacións da Comisión.
Ligazón aos : Límites de exposición profesional para axentes químicos 2021.