Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Idade e diversidade xeracional na xestión preventiva e empresarial. Materiais divulgativos

02-11-2021 - INSST

O INSST pon a disposición unha serie de materiais divulgativos cuxa finalidade é fomentar a integración da idade e a diversidade xeracional na xestión preventiva e empresarial. Neste caso trátase de materiais gráficos en forma de 2 carteis e un vídeo.

O vídeo diríxese a toda a comunidade preventiva (empresarios/ as, servizos de prevención, representantes dos traballadores/as, responsables de  RR. HH., traballadores e traballadoras) e persegue tres obxectivos específicos:

- Sensibilizar sobre a importancia de integrar a idade e a diversidade xeracional na xestión da seguridade e a saúde no traballo.

- Facilitar as claves para integrar de maneira práctica e aplicada a perspectiva de idade na xestión da seguridade e saúde.

- Resaltar as vantaxes para as persoas e para as organizacións de incorporar a idade e a diversidade xeracional á xestión preventiva e empresarial.

Ligazón ao vídeo

Os carteis, un máis técnico e outro máis divulgativo, están dirixidos a todos os actores que participan na prevención de riscos laborais e poden ser moi útiles á hora de sensibilizar aos responsables da seguridade e saúde nas empresas e á poboación traballadora. Pretenden axuntar esforzos nun compromiso común: considerar as fortalezas e as necesidades de todas as xeracións para mellorar as condicións laborais de todas elas e xestionar a diversidade xeracional como un valor estratéxico para empresas e organizacións.

Ligazón ao Cartel: O teu compromiso coa diversidade é bo para ti e para todas e todos VERDE.

Ligazón ao Cartel: O teu compromiso coa diversidade é bo para ti e para todas e todos AZUL.

Ligazón ao Cartel: Perspectiva de idade e diversidade xeracional VERDE.

Ligazón ao Cartel: Perspectiva de idade e diversidade xeracional AZUL.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS