Guía sobre o manexo do estrés dende Medicina do Traballo01-07-2019 - PSICOSOCIALEsta guía, realizada por médicos do traballo e un psiquiatra con ampla experiencia no mundo laboral, vai dirixida especialmente a médicos do traballo. E, aínda que non pretende ser un tratado de patoloxía, si busca expoñer criterios eficaces para axudar na toma de decisións do médico na prevención e o diagnóstico precoz de situacións estresantes laborais, así como no manexo clínico e terapéutico e nos criterios de derivación. |
|---|
Tamén busca formar e educar, con recomendacións sinxelas para os pacientes e referencias lexislativas para os departamentos de recursos humanos, polo que a súa utilidade amplíase a persoas que non sexan profesionais da saúde.
Ligazón á Guía sobre o manexo do estrés dende Medicina do Traballo