Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Guía didáctica en materia de prevención de riscos laborais

07-11-2024 - ISPLN

Esta publicación do Instituto de Saúde Pública e Laboral de Navarra estrutúrase en catro módulos. O primeiro aborda os conceptos básicos relativos á saúde laboral. O segundo profunda no ciclo de xestión dos riscos laborais e a súa prevención, destacando as primeiras fases, que corresponden á identificación de perigos e riscos, así como a súa eliminación ou control. O terceiro céntrase na organización e xestión da prevención de riscos na empresa e o cuarto trata os primeiros auxilios

Este traballo, dirixido ao persoal que vaia a impartir o curso de nivel básico é unha ferramenta que pretende ser de utilidade para o persoal docente, xa que facilita o ensino da materia. Nela atoparán recursos tanto teóricos como prácticos, para mellorar a calidade da formación, que se traduzan á súa vez en aumentar a cultura preventiva da empresa e, por tanto, favorezan as contornas laborais seguras e saudables.

A guía, cuxa elaboración se enmarca dentro do programa transversal para a Integración da prevención e mellora da xestión dos riscos nas empresas do Plan de acción de Saúde Laboral de Navarra 2022-2025, servirá de apoio ao persoal que imparte formación en materia de prevención de riscos laborais a empresarios e empresarias, delegados e delegadas de prevención, traballadores e traballadoras designadas … co obxectivo de que dote de coñecementos e habilidades ao alumnado para que logo poida asumir as actividades preventivas.

Guía didáctica de prevención de riscos laborais:

Ligazón ao Módulo I: Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo

Ligazón ao Módulo II: Xestión dos riscos e a súa prevención. O ciclo continuo da xestión dos riscos laborais

Ligazón ao Módulo III-IV: Organización e xestión da prevención de riscos laborais na empresa e desenvolvemento das actividades preventivas. Primeiros auxilios

Documentos

Módulo II.pdf
Módulos III e IV.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS