Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro30-01-2017 - Grupo CANOOs Institutos de Seguridade e Saúde Laboral de Galiza, Asturias, Cantabria e Euskadi, levan varios anos colaborando nun proxecto destinado ao sector da pesca. O traballo materializouse a través de catro fases: a primeira, dirixida ás frotas de baixura e artesanal, foi publicada no outono de 2011; a segunda, sobre as actividades de marisqueo a pé, extracción de recursos específicos e as actividades auxiliares á pesca, publicouse no outono de 2012; a terceira, sobre as artes de altura e gran altura, en 2013 e a cuarta, adicada á vixilancia da saúde no sector, en novembro do 2016. | ![]() |
|---|
Esta última publicación, que reúne ás tres anteriores, recolle entre os seus contidos as probas e exploracións médicas concretas que permiten coñecer se as condicións de traballo afectan ao estado de saúde, facilitando ao persoal sanitario a identificación de forma precoz de posibles danos, recomendando as medidas preventivas máis axeitadas.
Todas as publicacións están dispoñibles no sitio www.grupo-cano.com e través das seguintes ligazóns:
Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro. Parte 1 (traballos nas flotas de baixura ou litoral e artesanal incluíndo o marisqueo a flote).
Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro. Parte 2 (marisqueo a pe, extracción de recursos específicos e as actividades auxiliares á pesca).
Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro. Parte 3 (artes de altura e gran altura)
Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro. Parte 4. Versión breve, versión completa