Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Guía de substitución de químicos perigosos no sector da saúde

23-05-2019 - Saúde sen Dano

Esta guía, elaborada por www.saludsindanio.org, pretende ser unha ferramenta sinxela para a posta en marcha dun plan de 6 pasos para a substitución de químicos perigosos utilizados no coidado da saúde, así como para o manexo seguro daqueles que aínda non poidan ser substituídos.

Os establecementos de saúde utilizan habitualmente decenas de compostos químicos que poden ser perigosos tanto para o ambiente como para a saúde dos traballadores/as e da comunidade. Algúns destes compostos relacionáronse con efectos tales como cancro, malformacións conxénitas e asma. Alteran a calidade do aire interior dos hospitais e en moitos casos, unha vez utilizados, convértense en residuos perigosos que, de non manexarse adecuadamente, teñen un alto impacto ambiental.

Os efectos dalgúns destes compostos químicos sobre a saúde das persoas e o ambiente son coñecidos e foron obxecto de esforzos para eliminar ou, polo menos, minimizar o seu uso. Exemplos diso son o mercurio, o DEHP (dei(2- etilhexil) ftalato) presente en dispositivos médicos ou o óxido de etileno como gas para esterilización en frío. Outros son menos coñecidos e atópanse en produtos utilizados diariamente no coidado da saúde, no mobiliario e nos edificios dos hospitais. É o caso do bisfenol A ou os retardantes de chama bromados.

Con todo, aínda estamos lonxe de que o problema da xestión dos residuos e do risco para a saúde laboral e ambiental provocado polos compostos químicos utilizados nos hospitais estea resolvido. En moitos casos, aínda se descoñecen os efectos de expoñer de maneira crónica ao persoal e aos pacientes a baixas concentracións de compostos preocupantes como o bisfenol A, de utilizar o óxido de etileno para esterilizar sen os controis adecuados, ou do silencioso risco que implican os retardantes de chama ou os metais pesados presentes en numerosos produtos de uso cotián.

Para mellorar a saúde dos pacientes e dos traballadores/as, é necesario eliminar ou minimizar ao máximo a exposición a estes químicos perigosos a través da súa substitución por alternativas máis seguras.

Ligazón ao texto completo da Guía de substitución de químicos perigosos no sector da saúde

Fonte: www.saludsindanio.org

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS