Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Guía de mobilidade segura na empresa

15-12-2016 - Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos Laborales + DXT

Os rexistros estatísticos amosan que gran parte dos desprazamentos teñen a súa orixe no ámbito laboral. Segundo se desprende dos datos da Enquisa de Mobilidade das Persoas Residentes en España (MOVILIA) elaborada polo Ministerio de Fomento,no ano 2006, as persoas ocupadas realizaban nun día medio laborable máis de 62 millóns de desprazamentos, o que supón a metade do total dos desprazamentos realizados. Deses 62 millóns de desprazamentos, ao redor dun 67% (41 millóns) correspondían a viaxes de ida ao traballo e de volta ao domicilio.O risco de sufrir un accidente nos desprazamentos ao traballo implica a confluenciade varios elementos: o factor humano, vehículo, vía e as condicións da contorna e a xestión da actividade empresarial.

Este traballo, froito da colaboración do IAPRL e a DXT, analiza os factores de risco nos desprazamentos ao traballo, os datos de sinistralidade vial laboral e o marco legal e xurídico de referencia; aborda a continuación, a organización da xestión da moblidade e a seguridade vial na empresa, a elaboración dun Plan de seguridade vial, aportando un catálogo de medidas para a súa implementación así como anexos nos que podemos atopar cuestionarios que permitirán, logo da súa adaptación á empresa concreta, a obtención de información sobre a situación actual da empresa e os seus traballadores/as respecto á seguridade vial laboral.

Ligazón á Guía de mobilidade segura na empresa

Ligazón aos Anexos

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS