Fichas de Control de Axentes Químicos15-01-2019 - INSSTO INSST traduciu ao español as fichas de consellos básicos desenvoltas polo Health and Safety Executive (HSE) do seu modelo COSHH Essentials. As fichas do programa COSHH Essentials ofrecen consellos sobre prácticas de traballo básicas para axudar a controlar a exposición a substancias químicas perigosas na contorna laboral. Hai dous tipos de fichas: unhas xenéricas nas que se recomendan catro grupos de controis que conteñen accións cuxo obxectivo é reducir a exposición e outras específicas dirixidas a sectores industriais determinados nas que se ofrece axuda aos profesionais do sector para o control da exposición a substancias perigosas e a protección da saúde dos traballadores/as. |
|---|
Os catro grupos de fichas xenéricas están codificadas segundo o nivel de control resultante ao aplicar a ferramenta The technical basis for COSHH essentials: Easy steps to control chemicals".
As fichas da serie 100 comprenden consellos de ventilación xeral; as da serie 200, as medidas técnicas de extracción localizada; as da serie 300, as medidas de contención e as da serie 400 “especial” significan que se precisa o consello dun experto posto que a situación de traballo que se está analizando precisa de recomendacións máis específicas e especializadas.
Así mesmo, inclúense outras fichas na serie codificada S (do inglés skin) que conteñen consellos para reducir a exposición a substancias que poden causar dano por contacto coa pel e cos ollos a niveis aceptables.
Amplíase a colección coas fichas correspondentes á serie 300 “Medidas de contención”.
Ligazón ás Fichas de Control de Axentes Químicos que se enuncian a continuación:
Fichas xenéricas:
Serie 100: Ventilación xeral
FCAQ 100 Ventilación xeral
FCAQ 101 Almacenamento xeral
FCAQ 102 Almacenamento aberto de produtos a granel
FCAQ 103 Eliminación de residuos da unidade de extracción de po
Serie 200: Control técnico
FCAQ 200 Ventilación por extracción localizada
FCAQ 201 Campá extractora
FCAQ 202 Cabina de fluxo laminar
FCAQ 203 Banco de traballo con extracción localizada
FCAQ 204 Eliminación de residuos dunha unidade de extracción de po
FCAQ 205 Cinta transportadora
FCAQ 206 Enchido de sacos
FCAQ 207 Enchido de sacos "Big-bag"
FCAQ 208 Baleirado de sacos
FCAQ 209 Enchido de barrís
FCAQ 210 Carga de reactores ou mesturadoras con sacos o barrís
FCAQ 211 Enchido e baleirado de graneleros IBC (International bulk carrier)
FCAQ 212 Enchido de bidóns
FCAQ 213 Baleirado de bidóns por bombeo
FCAQ 214 Pesada de sólidos
FCAQ 215 Mestura de sólidos con outros materiais sólidos ou líquidos
FCAQ 216 Mestura de sólidos
FCAQ 217 Mestura de líquidos con outros materiais líquidos ou sólidos
FCAQ 218 Tamizado
FCAQ 219 Cribado
FCAQ 220 Pintado con pistola (pequena escala)
FCAQ 221 Pintado con pistola (mediana escala)
FCAQ 222 Recubrimiento en po
FCAQ 223 Laminación de plástico reforzado
FCAQ 224 Laminación en continuo
FCAQ 225 Baño de decapado (escala media)
FCAQ 226 Baño de decapado (gran escala)
FCAQ 227 Cuba de desengrase por vapor
FCAQ 228 Forno de secado con bandexas
FCAQ 229 Forno de túnel de secado en continuo
FCAQ 230 Peletización/Granulación
FCAQ 231 Prensa para comprimidos
Serie 300: Contención
FCAQ G300 Contención
FCAQ G301 Cabina de luvas
FCAQ G302 Eliminación de residuos dun sistema de extracción de po
FCAQ G303 Transferencia de sólidos
FCAQ G304 Baleirado de sacos
FCAQ G305 Enchido de bidóns
FCAQ G306 Baleirado de bidóns
FCAQ G307 Enchido e baleirado de graneleros IBC (Sólidos)
FCAQ G308 Enchido e baleirado de graneleros IBC (Líquidos)
FCAQ G309 Enchido e baleirado de cisternas (Sólidos)
FCAQ G310 Enchido e baleirado de cisternas (Líquidos)
FCAQ G311 Enchido de barrís
FCAQ G312 Transferencia de líquidos por bombeo
FCAQ G313 Enchido de paquetes
FCAQ G314 Enchido de botellas
FCAQ G315 Pesada (sólidos)
FCAQ G316 Pesada (líquidos)
FCAQ G317 Mesturado (sólidos)
FCAQ G318 Mesturado (líquidos)
FCAQ G319 Cabina de pintura robotizada
FCAQ G320 Recubrimiento automático con po
FCAQ G321 Baño de desengrase con vapor
FCAQ G322 Secado por pulverización
Serie 400: Especial
Serie S: Substancias químicas que causan dano por contacto coa pel ou cos ollos
FCAQ S100 Recomendacións xerais
FCAQ S101 Selección de luvas de protección
FCAQ S102 Selección de equipos de protección individual (EPI)
FCAQ S200 Contacto coa pel e os ollos