Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Fichas FCAQ para o control da exposición a sílice na manufacturación

16-05-2024 - INSST

O Instituto traduciu as fichas de consellos básicos desenvoltas polo Health and Safety Executive (HSE) do seu modelo COSHH Essentials. As fichas do programa COSHH Essentials proporcionan recomendacións básicas de boas prácticas de traballo para distintas operacións a fin de controlar a exposición a substancias químicas perigosas na contorna laboral. Nesta nova entrega, o INSST presenta cinco fichas dirixidas ao control da exposición a sílice na manufacturación, nas que se ofrece axuda aos profesionais do sector para o control da exposición e a protección da saúde das persoas traballadoras.

FCAQ MN0 Recomendacións para os xerentes

FCAQ MN1 Fabricación de produtos que conteñen fariña de sílice

FCAQ MN2 Fabricación de produtos que conteñen po mineral

FCAQ MN3 Mistura en seco de pos que conteñen sílice

FCAQ MN4 Empacado a pequena escala. Produtos secos que conteñen sílice

 

Na colección hai dous tipos de fichas: unhas xenéricas, nas que se recomendan estratexias ou niveis de control que conteñen accións cuxo obxectivo é minimizar a exposición, e outras específicas, dirixidas a determinados sectores industriais, nas que se ofrece axuda aos profesionais do sector para o control da exposición a substancias perigosas e a protección da saúde dos traballadores/as.

As fichas xenéricas están codificadas en catro niveles ou estratexias para o control da exposición, a partir do nivel de risco obtido ao aplicar a ferramenta.

Así mesmo, inclúense as fichas da serie S que proporcionan recomendacións para reducir a exposición a substancias que poden causar dano por contacto coa pel e cos ollos.

Serie 100: ventilación xeral

Serie 200: Control técnico

Serie 300: Contención

Serie 400: especial

Serie S: Substancias químicas que causan dano por contacto coa pel ou cos ollos:

 Serie especial: para o control da exposición a sílice en canteiras

SERIE PARA O CONTROL DA EXPOSICIÓN A SÍLICE NA FABRICACIÓN DE LADRILLOS E AZULEXOS:

 SERIE ESPECIAL PARA O CONTROL DA EXPOSICIÓN A SÍLICE NA MANUFACTURACIÓN:

 

 

Máis información:

COSHH Essentials 

The technical basis for COSHH essentials: Easy steps to control chemicals

Calculador: Exposición a axentes químicos. Avaliación cualitativa

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS