Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

FDN 25 - Tractores: comercialización e uso

18-02-2019 - INSST

O INSST pon a disposición a Ficha de Divulgación Normativa 25 -FDN- "Tractores: comercialización e uso". O obxecto desta ficha é identificar e desenvolver os distintos aspectos normativos de seguridade e saúde aplicables á comercialización e utilización dos tractores a fin de que sexan coñecidos polos usuarios á hora de adquirilos e utilizalos como equipo de traballo no campo ou como vehículo pola vía pública.

Entre as distintas características técnicas que están reguladas na regulamentación recompilada neste documento, prestarase particular atención a aquelas que teñen maior incidencia no envorco do tractor, xa que este tipo de accidente pode supoñer consecuencias graves e mortais para o condutor se o tractor non dispón das medidas de protección adecuadas.

Ligazón á FDN 25 - Tractores: comercialización e uso

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS