Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Ergonomía no sector do metal: recomendacións no uso de maquinaria

01-02-2023 - IVB-Instituto de Biomecánica de Valencia

Neste eBook o IVB ofrece recomendacións ergonómicas para mellorar as condicións dos postos de traballo en sete máquinas do sector do metal: equipo de soldadura por resistencia, cizalla-guillotina, amoldadora de pedestal, centro de mecanizado CNC, fresadora, lixadora-pulidora e prensa para traballo manual

A causa máis frecuente de accidentes laborais é a falta dunhas condicións ergonómicas adecuadas ou a realización de sobreesforzos físicos. desafortunadamente este tipo de accidentes aumenta cada ano nalgúns sectores.

No sector metalúrxico, segundo datos publicados polo Ministerio de Traballo e Relacións Laborais, un terzo do total destes accidentes débese aos sobreesforzos físicos e é unha tendencia á alza. Por iso, é fundamental levar a cabo unha prevención integral de riscos ergonómicos nos lugares de traballo para mellorar as condicións do traballo.

A I+D na Prevención de riscos laborais contempla as seguintes liñas de actuación:

• Creación de procedementos de identificación e avaliación de riscos ergonómicos.

• desenvolvemento de criterios de deseño de postos de traballo, ferramentas e maquinaria.

• estudos sectoriais

Neste eBook o IVB ofrece recomendacións ergonómicas para mellorar as condicións dos postos de traballo en sete máquinas do sector do metal - equipo de soldadura por resistencia, cizalla-guillotina, amoldadora de pedestal, centro de mecanizado CNC, fresadora, lixadora-pulidora e prensa para traballo manual- baseándose no Manual de ergonomía para máquinas do sector metal, no que se avalía o cumprimento dos distintos aspectos relacionados co manexo de maquinaria deste sector.

Ligazón ao documento “Ergonomía no sector do metal: recomendacións no uso de maquinaria” Ergo/IVB

 

Manual de ergonomía para máquinas do sector metal

Este manual dirixido á protección ergonómica dos usuarios que traballan con máquinas no sector do metal, mostra unha presentación de como afectaría de xeito positivo o aplicar esta guía ás empresas do sector, así como un conxunto de fichas con recomendacións ergonómicas por máquina para a mellora dos postos de traballo.

Ligazón ao Manual de ergonomía para máquinas do sector metal. IVB-Instituto de Biomecánica de Valencia-Unión de Mutuas

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS