Enfermidade profesional. Valoración da sospeita13-07-2017 - Sociedade Española de Traumatoloxía Laboral/Consellería de Saúde da Comunidade de MadridEste documento xurde da necesidade de acordar criterios na sospeita, identificación, diagnóstico e a comunicación dos casos de sospeita de enfermidade profesiona, dado que son moitos os axentes implicados no proceso de recoñecemento dunha enfermidade profesional: facultativos do Sistema Público de Saúde, Mutuas, Servizos de Prevención, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Unidades de saúde laboral, autoridades sanitarias, etc. |
|---|
A elaboración do manual correu a cargo dun grupo de expertos da Administración Autonómica da Comunidade de Madrid, nas Mutuas de Accidentes
de traballo, en Saúde Laboral e o INSS. A partires deste grupo inicial creáronse subgrupos de traballo específicos para cada unha das seguintes especialidades: dermatoloxía, infecciosas, pneumoloxía, oncoloxía, traumatología, otorrinolaringología e toxicoloxía, que foron os encargados de elaborar os correspondentes capítulos.
No manual atópanse seleccionadas só algunhas das enfermidades que se inclúen na relación do Real Decreto 1299/2006, de 10 de
Noviembre, polo que se aproba o actual cadro de enfermidades
profesionais (EEPP) no sistema da Seguridade Social. Como criterios de selección empregaron a frecuencia de aparición e aquelas que puidesen suscitar maior controversia ou dificultade diagnóstica; a información contida para cada unha foi estruturada nos seguintes epígrafes:
- aspectos xerais;
- anamnesis e exploración: breve descrición de síntomas e signos;
- probas diagnósticas: divididas en básicas, considerando como tales aquelas que con carácter xeral resultan imprescindibles para a identificación e o diagnóstico, e especiais, cuxo propósito adoita ser a confirmación diagnóstica cando se precise, normalmente realizada polo especialista;
- criterios de asociación clínico-laboral: de exposición, de temporalidade, factores extralaborales e actividades profesionais;
- bibliografía.
ÍNDICE TEMÁTICO
Capítulo 1.- Conceptos Xerais
Capítulo 2.- Dermatoloxía
Capítulo 3.- Infecciosas
Capítulo 4.- Neumoloxía
Capítulo 5.- Oncoloxía
Capítulo 6.- Otorrinolaringoloxía
Capítulo 7.- Traumatoloxía
Capítulo 8.- Enfermedades causadas por Axentes Químicos
Ligazón ao texto Enfermidade profesional. Valoración da sospeita