EPA e os disruptores endócrinos08-04-2014 - AXENCIA DO MEDIO, EUANa década de 1990, algúns científicos propuxeron que certas substancias químicas poderían estar a alterar os sistemas endócrinos dos seres humanos e a vida silvestre. Demostrouse que distintos produtos químicos perturban o sistema endócrino dos animais en estudos de laboratorio, e existen tamén evidencias convincentes que mostran que os sistemas endócrinos de certos peixes e a vida silvestre víronse afectados polos contaminantes químicos, dando lugar a problemas de desenvolvemento e de reprodución. | ![]() |
|---|
Con base nesta e outras probas, o
Congreso norteamericano aprobou a Lei
de Protección da Calidade dos Alimentos e modificou a Lei de Auga Potable
(SDWA) en 1996 esixindo que a Axencia do Medio (EPA) controlase
os pesticidas dende o punto de vista do seu potencial para producir efectos
similares aos das hormonas femininas (estróxenos) nos humanos e
dando á EPA autoridade para controlar outras
substancias químicas e para incluír
outros efectos endócrinos.
Como resultado de todo iso, a EPA
ten un amplo
marxe de actividades dentro dese campo, do que pode obterse
ampla información nesta páxina web: “Endocrine Disruptor Screening
Program (EDSP)”
Fonte: Ergaonline, INSHT