Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Directrices técnicas sobre riscos biolóxicos na contorna de traballo

20-07-2023 - OIT

As directrices técnicas sobre riscos biolóxicos na contorna de traballo aplícanse a todas as persoas traballadoras en todas as ramas de actividade económica. O obxectivo das directrices será proporcionar asesoramento aos Gobernos, os empregadores/as, os traballadores/as e os seus representantes sobre aquilo que debería facerse para previr e controlar as lesións, enfermidades, doenzas e sucesos perigosos e mortes relacionados co traballo que estean asociados coa exposición a perigos biolóxicos na contorna de traballo.

Aos fins das presentes directrices, por perigo biolóxico enténdese todo microorganismo, célula ou outro material orgánico que pode ser de orixe vexetal, animal ou humano, con inclusión dos xeneticamente modificados, e que poida ser prexudicial para a saúde humana.

 

Isto pode incluír, entre outros, bacterias, virus, parasitos, fungos, priones, materiais de ADN, fluídos corporais, e calquera outro microorganismo e as súas toxinas e alérgenos asociados. O impacto na saúde podería comprender enfermidades infecciosas e non infecciosas e lesións.

Tamén pode considerarse que os perigos biolóxicos na contorna de traballo inclúen vectores biolóxicos ou transmisores de enfermidades.

Ligazón ao documento Directrices técnicas sobre riscos biolóxicos no enterno de traballo. Xenebra, OIT 2023

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS