Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

DRONS. Prevención de riscos laborais e seguridade aeronáutica

06-02-2024 - INSST

O obxectivo deste documento o INSST, estruturado en catro bloques, é proporcionar unha visión sobre as melloras preventivas que supón o uso dos drons en determinadas actividades profesionais, así como as principais obrigas, tanto preventivas como de seguridade aeronáutica, que recaen nas figuras intervenientes nas operacións con estes equipos

O uso de drons no ámbito laboral incrementouse de maneira exponencial nos últimos anos permitindo que as persoas traballadoras non teñan que expoñerse a certos riscos tales como as caídas de altura, a inhalación ou o contacto con substancias tóxicas. Ademais, pode servir de “ferramenta preventiva” facilitando o cumprimento dalgunhas das obrigacións establecidas no marco da LPRL. Con todo, a súa utilización pode xerar novos riscos que deben ser identificados e controlados para garantir a seguridade e saúde das persoas traballadoras.

Neste documento, estruturado en catro bloques, exponse primeiro como evolucionou a lexislación nacional e europea aplicable ás operacións de voo con drons. No primeiro bloque, recóllese a clasificación dos drons e os requisitos que deben cumprirse para a súa posta no mercado. A continuación, recompílanse os usos en diferentes sectores e actividades destacando as vantaxes preventivas obtidas, así como os principais riscos que poden orixinarse como consecuencia da súa utilización. No terceiro bloque, identifícanse os axentes implicados na súa utilización desde o punto de vista da seguridade e os requisitos aeronáuticos do operador de drons. E por último, realízase unha comparación entre os principais requisitos normativos en materia de seguridade e saúde e en materia de seguridade aeronáutica.

Ligazón ao documento DRONS. Prevención de riscos laborais e seguridade aeronáutica - INSST 2023

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS