DATABiO, fichas de axentes biolóxicos17-09-2014 - INSHTDATABiO é unha colección de fichas dos axentes biolóxicos elaboradas polo INSHT. Constitúe unha ferramenta de grande utilidade para a avaliación, prevención e control do risco biolóxico. | ![]() |
|---|
Cada ficha contén información do axente biolóxico en relación con:
1.- Nome, sinónimos, tipo e características principais do axente biolóxico, ciclo de vida.
2.-Viabilidade, mecanismos de propagación e transmisión: este apartado recolle as características do axente biolóxico en relación coa súa capacidade de sobrevivir, dispersarse no ambiente de traballo e entrar en contacto co traballador como: reservorios, hospedadores, supervivencia ambiental, vías de entrada, distribución xeográfica e as actividades laborais nas que pode estar presente.
3.-Efectos na saúde: este apartado recolle todos os posibles efectos daniños do axente biolóxico en relación coa saúde humana como: infección, toxicidade, efectos alérxicos, efectos canceríxenos, efectos na maternidade (embarazo, parto recente e lactación).
4.-Medidas de prevención e control: este apartado recolle as principais medidas de prevención e control fronte ao risco do axente. Incluíndo tanto as medidas xerais, coma as medidas específicas aplicables aos laboratorios ou ás actividades con manipulación intencionada do axente biolóxico (nivel de contención).
A información recollida en DATABiO supón unha ampliación e actualización continua do listado de axentes biolóxicos do anexo II do RD 664/1997
Fonte: INSHT