Como xestionar os riscos psicosociais na túa empresa18-11-2022 - OSALANOsalan, pon a disposición esta guía, dirixida ás persoas empresarias, delegados e delegadas de prevención, persoal técnico dos diferentes servizos de prevención, persoas traballadoras, etc. co obxectivo de que poida servir de orientación e asesoramento sobre como xestionar os riscos psicosociais nas organizacións para conseguir unha mellora nas condicións de traballo, e desta maneira, mellorar a saúde e benestar das persoas traballadoras. |
|---|
O fin último da avaliación de riscos psicosociais é mellorar as condicións de traballo relacionadas cos factores psicosociais, a través da planificación e a adopción de medidas preventivas que se consideren oportunas en función das necesidades ou conclusións que se presenten. Non é unha avaliación da saúde do persoal, nin das características individuais ou de personalidade do mesmo.
Ligazón á Guía: Como xestionar os riscos psicosociais na túa empresa