Colección "Criterios e recomendacións"03-06-2013 - INSHTO Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo ven de incorporar un novo documento da colección "Criterios e recomendacións" relacionado coa metroloxía de axentes químicos que ten por título: CR-08/2013: Control de calidade interno na análise (reconto) de fibras de amianto | ![]() |
|---|
Este documento contén información de aplicación directa para os laboratorios especializados na análise (reconto) de fibras de amianto en aire, facilitando a implantación, revisión e actualización do control de calidade, requisito esixido aos laboratorios para o recoñecemento da súa capacidade técnica, segundo o disposto no Anexo II do R.D. 396/2006, de 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto.
Por outra banda o documento incorpora tamén información nova sobre o cálculo da incerteza dos resultados dos recontos de fibras polo que o seu interese esténdese ,máis aló dos laboratorios, a todos aqueles implicados na avaliación das exposicións a amianto e a súa fiabilidade.
Ligazóns:
CR-08/2013: Control de calidade interno na análise (reconto) de fibras de amianto (pdf, 1,01 Mbytes)