Causas dos accidentes marítimos moi graves na pesca 2008-201319-12-2014 - INSHTA pesca comercial é unha das ocupacións máis perigosas en España. En 2013, segundo os datos do anuario de Estatísticas do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o índice de incidencia de accidentes de traballo mortais en xornada de traballo foi de 31,2, moi por enriba da media do total de actividades económicas (3,33) e da construción (8,89). | ![]() |
|---|
Esta realidade obriga a tomar medidas para diminuír estas cifras. É necesario ampliar o coñecemento sobre o que está a acontecer para evitar que se volvan producir estes accidentes. Neste contexto, a investigación dos accidentes é unha ferramenta moi útil.
O obxectivo deste estudo é analizar as causas que están detrás dos accidentes máis graves no traballo a bordo de buques pesqueiros. Os autores fixeron un estudo a fondo de 100 accidentes marítimos investigados pola Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM), Ministerio de Fomento, durante o período comprendido entre outubro de 2008 e outubro de 2013. Esta análise realizouse seguindo un método de clasificación e codificación de causas de accidentes de traballo baseado no método descrito na NTP 924 INSHT: "As causas dos accidentes: clasificación e codificación-Ano 2011. Así mesmo, consideráronse unha serie de variables asociadas aos accidentes, tales como o tipo de buque, a modalidade pesqueira, a zona marítima e o momento do suceso, a dotación dos buques, o nivel de consecuencias para os traballadores, etc.
Este estudo pon de manifesto a necesidade de seguir adoptando medidas e propón políticas e programas para a mellora das condicións de traballo dos pescadores co obxecto de evitar que estes accidentes se volvan producir.
Causas dos accidentes marítimos moi graves na pesca 2008-2013