Boas prácticas preventivas na manipulación manual de persoas24-04-2026 - UMIVALE ACTIVANesta guía Umivale Activa proporciona unhas pautas de boas prácticas preventivas, no ámbito laboral para as persoas traballadoras que se adican ao transporte sanitario, centros de día e atención no fogar dentro do sector sanitario e sociosanitario, que lles axude (tanto a nivel de empresa como de persoa traballadora) na adopción de principios ergonómicos e de hixiene postural, de tal xeito que se axude a reducir ou minimizar o risco de sufrir lesións de natureza musculoesquelética á hora de desempeñar as súas tarefas no día a día, como é a aplicación de técnicas correctas, elección correcta de medios para a mobilización e transferencia de persoas ou a adopción de hábitos saudables que axuden a fortalecer e coidar as costas. | ![]() |
|---|
A manipulación manual de persoas son todas aquelas actividades ou tarefas que supoñen a utilización da forza da persoa traballadora para poder levantar, sentar, tombar, soster, mover, empuxar ou desprazar parte do peso da persoa ou facelo de forma completa, en función do grao de mobilidade ou autonomía que teña. Estas tarefas requiren un esforzo físico ao ter que manipular manualmente pesos elevados que conleva á aparición dunha fatiga física e mesmo dunha elevada probabilidade de padecer problemas musculoesqueléticos ao verse superada a capacidade física da persoa traballadora. As lesións musculoesqueléticas pódense producir en calquera zona do corpo, pero son máis sensibles os membros superiores (ombros, brazos e mans) e as costas, en especial a zona dorsolumbar.
Os profesionais do sector sanitario e sociosanitario (concretamente persoas traballadoras que se dedican ao transporte sanitario, centros de día e atención no fogar) presentan unha maior incidencia de trastornos musculoesqueléticos na zona das costas, en moitos casos asociada á manipulación manual persoas, ao atoparse entre as súas tarefas, sendo un labor con alta esixencia física.
Ademais, estas manipulacións frecuentemente implican a adopción de posturas forzadas, a execución repetida das mesmas ou outros factores de risco como situacións difíciles e impredicibles (evitar a caída da persoa, condutas violentas, etc.) que obrigan a realizar movementos bruscos e inesperados e poden agravar estas lesións.
Ligazón á guía “Boas prácticas preventivas na manipulación manual de persoas”. Umivale Activa 2026.