Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Base de datos: BASEBIO

27-07-2022 - INSST

O INSST pon a disposición esta ferramenta de gran utilidade para a avaliación, prevención e control do risco biolóxico. BASEBiO, é a nova base de datos de axentes biolóxicos potencialmente presentes en contornas laborais.

A Base de datos está concibida para o seu uso por parte dun amplo número de colectivos, non só é de utilidade para profesionais da prevención de riscos laborais, como hixienistas ou profesionais da medicina do traballo, senón tamén para responsables de empresas, traballadores/as e os seus representantes, e calquera que desexe consultar información sobre un determinado axente biolóxico.

A colección BASEBiO ofrece información ampliada e actualizada da listaxe de axentes biolóxicos incluído no anexo II do RD 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores/as contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo.

Esta base de datos constitúe unha ferramenta de gran utilidade para a avaliación, prevención e control do risco biolóxico.

Para cada axente biolóxico pódese atopar información relacionada con:

•Nome do axente biolóxico, diferentes especies do xénero, sinónimos, tipo, características morfolóxicas e ciclo de vida.

•Viabilidade, propagación e transmisión: reservorios, hospedadores, doses infectiva mínima, supervivencia ambiental, formas de resistencia, mecanismo de propagación e transmisión, vías de entrada e distribución xeográfica.

• Actividades laborais con risco: listaxe non exhaustiva de actividades económicas contidas en CNAE (Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2009) e ocupacións contidas en CNO (Clasificación Nacional de Ocupacións 2011).

•Efectos na saúde: grupo de risco segundo a clasificación do Anexo II do RD 664/1997, infección, efectos tóxicos, efectos alérxicos, efectos canceríxenos, efectos na maternidade, nome da principal enfermidade que causan de acordo co seu código CIE-10 (Clasificación Internacional de Enfermidades, 10.ª edición), e necesidade de declaración obrigatoria (de acordo á Orde SSI 445/2015, do 9 de marzo, pola que se modifican os anexos I, II, e III do Real Decreto 2210/1995, do 28 de decembro, polo que se crea a Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica, relativos á lista de enfermidades de declaración obrigatoria, modalidades de declaración e enfermidades endémicas de ámbito rexional).

•Prevención e control: modos de inactivación química e física, antimicrobianos, vacinación, EPI´s adecuados, medidas preventivas xerais e específicas en centros sanitarios e laboratorios.

Ligazón á Base de datos: BASEBIO

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS