Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

App: Risco por exposición dérmica

30-12-2021 - INSST

O INSST pon a disposición esta nova aplicación que permite avaliar e xestionar o risco por exposición dérmica laboral a substancias/produtos químicos a partir do perigo e da exposición ás mesmas.

Esta aplicación é unha versión en castelán da aplicación informática  RISKOFDERM desenvolvida no proxecto europeo “Avaliación do risco por exposición dérmica laboral a substancias químicas”.

A estrutura básica da ferramenta é moi similar á doutras metodoloxías cualitativas de avaliación do risco por exposición a axentes químicos, por unha banda estima o perigo, fundamentalmente a través da información proporcionada na Ficha de Datos de Seguridade (FDS), e doutra banda a exposición, combinando os resultados para a estimación do risco, ofrecendo a recomendación dunha serie de medidas de control.

Por tanto, o usuario poderá, con esta ferramenta:

-->Valorar cualitativamente o grao de perigo que un determinado produto ou substancia química pode provocar por vía  dérmica e o grao de exposición a un determinado produto ou substancia química durante a realización dunha tarefa en concreto.

-->Estimar o nivel de risco por exposición dérmica a un determinado produto ou substancia química e obter propostas de mellora.

-->Xestionar o risco por exposición dérmica, para iso o usuario poderá introducir medidas de control adicionais para proceder a unha  reevaluación do risco e poder determinar o grao de eficacia das medidas consideradas 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS