Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Novo sitio web da campaña "Traballos saudables"

06-10-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

O sitio web incorpora novos apartados dedicados a ámbitos prioritarios de actuación, a lexislación en vigor relativa á protección dos traballadores/as e ás Boas Prácticas da campaña «Traballos Saudables». O sitio está dispoñible en 25 idiomas e actualizarase con novas e eventos durante o transcurso da campaña.

A campaña Traballos saudables: relaxemos as cargas  aspira a sensibilizar sobre os trastornos  musculoesqueléticos relacionados co traballo e sobre como previlos e tratalos. A campaña está organizada ao redor de varias áreas prioritarias, que se promoven mediante paquetes especiais de comunicación e promoción ao longo de toda a campaña. Cada área aborda un tema específico relacionado cos  TME. Cada tres ou catro meses publícase unha serie de materiais, como informes, follas informativas, infografías e casos prácticos, co fin de manter o ímpeto da campaña.

Ligazón ao novo sitio web da campaña «Traballos saudables: relaxemos as cargas 2020 -2022»

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS