Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Novidades MTA: determinación de formaldehído e de cromo hexavalente en aire

18-01-2023 - INSST

A colección MTA –Métodos de toma de mostras e análise- comprende métodos seleccionados polo seu interese e aplicabilidade no campo da Hixiene Industrial, que foron desenvoltos de acordo coa normativa vixente para obter medicións cuxo obxecto é a comparación cos valores límite de exposición profesional

A colección de métodos atópase dividida en cinco apartados:

Criterios e recomendacións (CR)

Métodos ambientais (MA)

Métodos biolóxicos (MB)

Produtos industriais (PI)

Protocolos de validación (PV) 

 

MTA/MA–062/A23 Determinación de formaldehído en aire – Método de captación en sílica xel impregnada con 2,4-dinitrofenilhidracina/cromatografía líquida de alta resolución:

Neste método descríbese o procedemento para a determinación, na atmosfera dos lugares de traballo, da concentración de vapores de formaldehído, mediante a captación nun tubo de sílica xel impregnado de 2,4-dinitrofenilhidracina (2,4-DNPH) e análise, por cromatografía líquida de alta resolución (HPLC-UV), da hidrazona formada no proceso de captación. O método permite a determinación de formaldehído a partir de 0,06 μg no tubo.

Tamén se pode utilizar para a determinación de formaldehído en intervalos de concentracións distintas ás anteriores e mesmo para a determinación doutros aldehídos e cetonas.

Este método de toma de mostra e análise desenvolveuse para determinar concentracións medias ponderadas no tempo de formaldehído en aire, en tomas de mostras persoais e en mostraxes en lugares fixos, e pode ser utilizado para realizar medicións para comparar cos valores límite e medicións periódicas (9.4 e 9.5).

De acordo con os criterios indicados na norma UNE-EN ISO 22065 (9.1) e no protocolo de validación do INSST (9.2), validouse o método para cantidades de formaldehído nos tubos nos seguintes intervalos:

• De 3,55 μg/tubo a 71 μg/tubo de formaldehído.

• De 1,11 μg/tubo a 4,44 μg/tubo de formaldehído.

Estes intervalos correspóndense, no primeiro caso, a concentracións no ambiente de formaldehído entre a décima parte e dúas veces a concentración do VLA-ED e, no segundo caso, entre a metade e dúas veces a concentración do VLA-EC, para volumes de mostraxe de 96 litros (Q=0,2 l/min.; t=8 horas) e de 3 litros (Q=0,2 l/min.; t=15 min.) respectivamente (9.3).

Ligazón a MTA/MA–062/A23 Determinación de formaldehído en aire – Método de captación en sílica xel impregnada con 2,4-dinitrofenilhidracina/cromatografía líquida de alta resolución - INSST 2023

 

MTA/MA–063/A23 Determinación de cromo hexavalente en aire (fracción inhalable) – Método de captación en filtro/cromatografía iónica:

Este método describe o procedemento para a determinación da concentración de cromo hexavalente, cromo VI, no aire dos lugares de traballo, mediante a captación nun filtro impregnado dunha disolución de hidróxido sódico, e análise por cromatografía iónica con detector ultravioleta-visible (UV-visible) (9.1).

De acordo con os criterios establecidos na norma UNE-EN ISO 21832 (9.2) e no protocolo de validación dos métodos de medida de metais e metaloides en partículas en suspensión no aire (9.3), validouse o método para cantidades de cromo VI nos filtros desde 0,50 μg ata 100 μg. Este intervalo comprende concentracións no ambiente de cromo VI entre a décima parte e dúas veces o VLA-ED establecido para os compostos de cromo VI (9.4), cando o volume de mostraxe é de 1000 litros.

Este método de toma de mostra e análise desenvolveuse para determinar concentracións medias ponderadas no tempo de cromo hexavalente no aire, en tomas de mostras persoais e en lugares fixos. Por iso, pode ser utilizado para realizar medicións de comparación cos valores límite de exposición profesional e medicións periódicas (9.5 e 9.6).

Ligazón a MTA/MA–063/A23 Determinación de cromo hexavalente en aire (fracción inhalable) – Método de captación en filtro/cromatografía iónica - INSST 2023

 

Ligazón a toda a colección MTA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS