Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía de recomendacións para o deseño, fabricación, revisión e calibración de carretillas de pulverización para a aplicación de produtos fitosanitarios en invernadoiros

16-02-2021 - INSST

Esta guía establece recomendacións para o deseño e fabricación de carretillas de pulverización para a aplicación de produtos fitosanitarios en invernadoiros co fin de ser un instrumento que facilite aos fabricantes o cumprimento dos requisitos de seguridade e saúde e de protección do medio ambiente. Doutra banda, considerouse conveniente que a guía inclúa unhas recomendacións para a revisión e calibración que poden formar parte do programa de mantemento destes equipos.

A metodoloxía para a súa elaboración está baseada no principio de integración da normalización técnica nas fases de investigación e desenvolvemento dun dispositivo de aplicación de produtos fitosanitarios, denominado carretilla de  pulverización, que emprega unha técnica innovadora.

As recomendacións pretenden o deseño seguro e a utilización eficiente da carretilla de  pulverización e están referidas aos seguintes aspectos:

- A protección da seguridade e a saúde do  aplicador e do medio ambiente.

- O contido do manual de uso e do marcado da carretilla de  pulverización.

- A revisión e a calibración mediante un protocolo, que inclúe exames visuais e medicións, que pode formar parte dun programa de mantemento preventivo.

Ligazón á Guía de recomendacións para o deseño, fabricación, revisión e calibración de carretillas de  pulverización para a aplicación de produtos fitosanitarios en invernadoiros

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS