Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Como afecta a dixitalización á seguridade e a saúde no traballo

16-12-2019 - EU-OSHA

O potencial das tecnoloxías dixitais está a transformar o lugar de traballo. No novo folleto da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo ponse de relevo de que modo podemos minimizar as posibles consecuencias negativas da dixitalización sobre a SST e como podemos empregar as tecnoloxías dixitais para mellorar a prevención no lugar de traballo.

Para máis información sobre as repercusións da dixitalización na  SST, podes consultar o folleto “Dixitalización e seguridade e saúde no traballo” , (en inglés), que resume os traballos da  EU-OSHA sobre dixitalización e seguridade e saúde no traballo (SST), incluído un proxecto de  prospectiva, unha importante visión de conxunto sobre a seguridade e saúde no traballo e a campaña «Traballos saudables» e explora o potencial que ofrece a dixitalización e como está a configurar a vida laboral e a seguridade e a saúde dos traballadores/as. Tamén considera os retos para a  SST e como poden abordarse para maximizar as oportunidades das tecnoloxías dixitais, entre outras cousas para mellorar as condicións de traballo.

O programa de investigación da  EU-OSHA pretende achegar aos responsables das políticas, os investigadores e os lugares de traballo información fiable sobre os potenciais impactos para a  SST, de forma que poidan tomar medidas oportunas e eficaces para garantir a saúde e seguridade dos traballadores/as.

No Resumo “Estudo  prospectivo sobre os riscos novos e emerxentes para a seguridade e a saúde no traballo asociados á dixitalización en 2025” preséntanse as últimas conclusións dun proxecto prospectivo sobre a evolución das tecnoloxías dixitais e os cambios resultantes sobre onde, cando e de que forma realizarase o traballo. O impacto potencial destes cambios na saúde e seguridade no traballo (SST) ata 2025 analizouse mediante o desenvolvemento de catro escenarios; cada escenario presenta distintos retos e oportunidades para a SST. A investigación axudará aos lectores a comprender mellor como a dixitalización podería afectar a seguridade e a saúde dos traballadores/as na Unión Europea e desenvolver estratexias máis resistentes a estes cambios no traballo e a  SST.

Para máis información podes acceder á:

Ligazón á sección sobre dixitalización para saber máis sobre o proxecto  prospectivo da EU-OSHA.

Ligazón ao informe «The  changing  nature  of  work  and  skills  in  the dixital  age» («A natureza cambiante do traballo e as competencias na era dixital») publicado polo servizo de ciencia e coñecemento da Comisión Europea.

Fonte: EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS