Tríptico sobre nanomateriais22-05-2026 - ISSGAA través deste tríptico o ISSGA quere dar visibilidade ao portal temático sobre PRL e nanomateriais co obxectivo de transferir coñecemento científico-técnico contrastado sobre os riscos derivados da exposición e sobre como abordar a PRL no traballo con nanomateriais. | ![]() |
|---|
Os nanomateriais achegan innovación, resistencia e novas funcións aos materiais tradicionais. Pero tamén existen dúbidas sobre os seus riscos para a saúde e a seguridade no traballo. O portal do Issga ofrece información e ferramentas prácticas para que as empresas, o persoal técnico en PRL e as persoas traballadoras poidan protexerse fronte á exposición a nanomateriais.
Ligazón ao Tríptico. ISSGA 2026
Ligazón ao portal web do ISSGA Traballo seguro con nanomateriais